sábado, 20 de outubro de 2018

Sempre no noso corazón, Elisa


O 20 de outubro vai facer un ano que nos deixou o corpo material de Elisa.

Esto fíxose para tí, agardo que o disfrutases.

Para sempre no noso corazón a túa alma valente .


Gracias a todos por querela, non tanto coma nós se cadra, o amor universal é tan grande que non se pode contar nin comprender.


Ata sempre

luns, 23 de maio de 2016

Clavicembalo , o venres 27

O venres, en deferencia á clase traballadora e ás persoas con proxenie, tentaremos empezar antes das 12 e non rematar despois das 2.


Estamos quecendo motores...

luns, 16 de maio de 2016

Sen patente de corso

As músicas populares do mundo teñen perdido moita da súa polifonía natural.
Alan Lomax (pai e o fillo) observaban que por todo o mundo as sociedades xerarquizadas solían primar aos solistas, e as sociedades colaborativas dispuñan de polifonía.

A Troba do Bugallo coincide nese espíritu popular e comunitario (e por iso nunca cantamos nada igual ;)

Este video, sacado de Etnomusic, sobre o canto corso, é moi indicativo (tén subtitulos)


E un dos representantes dese canto corso, A Filleta, lémbranos aos nosos TREIXAdura, xa veredes por que.

E estes I Muvrini, que moitos coidan que son pouco puros, máis pop, fan esto con Terra


xoves, 28 de abril de 2016

Presentar presentarei, loguiño de clarear

Parece que chegou a primavera

como dicía Manuel María:

"Nace a primavera para ser muiñeira"


Estaremos con María, na Casa de Manuel María, o 15 de maio

Estaremos no Clavi, a casa dos músicos de Lugo, o 27 de maio

E parece que haberá un CD para ofrecervos

venres, 4 de marzo de 2016

2ª sesión de gravación no estudo de Abrigueiro

O estudo de Arturo Vaquero está no lugar de Abrigueiro, parroquia de Guimarei, en
Friol, Lugo.

Un proxecto con cariño polo lugar onde hai raices

O frío faino fora, e dentro é un cálido e preparadísimo estudo.
O LK está moi bó, fai unhas mesturas rápidas para ir encaixando todo no sitio e darlle unha visual rápida.

Pasa todo a velocidade, e cando te das conta xa pasou a tarde.



Se cadra quedamos alí un ano e medio, e  a ver...

xoves, 3 de marzo de 2016

Mercado de Primavera e as zocas en Ferreira de O Valadouro

Empezar a primavera en Ferreira , calzando as nosas zoquiñas... fantástico

Estamos coa ilusión dun pais que teñen unha criatura e a levan a todos lados, coma se empezase o mundo cada día.


23 horas do día 19 de marzo, sábado... son vacacións para a xuventú estudante

Como dicía o vello Jai Jai de Bergantiños: QUE VIVA A JUVENTU, e QUE NON MORRAN OS VELLOS!



O video das zocas tuneadas é alucinante, algo para ver :

domingo, 21 de febreiro de 2016

Na Repichoca repartimos grelos

Parece ser que a dous días do concerto xa viron o video 983 persoas.
Que terá o grelo...

Simón lanzou os grelos entre o público, recollidos na leira de Luis e Pili

A xente di que gravemos dunha vez as cancións e que as rexistremos...

Mami que será o que tén o grelo.....